Sede electrónica Concello de San Sadurniño

19:23:40 Sábado 28 de marzo 2020
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de praza na escola infantil municipal

Permite presentar electrónicamente a solicitude para unha praza na escola infantil municipal.

Calquera persoa física ou xurídica.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática poderá descargarse o/os impreso/s dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán dito/s impreso/s normalizado/s a presentar.

Convocatoria Ordinaria. Renovación de praza: 1 - 15 de marzo; Novo ingreso: 16 - 31 de marzo

Convocatoria Extraordinaria:Convocatoria aberta todo o ano. Consultar art. 4 do Regulamento de réxime interior da E.I.M.

  • SOLICITUDE DE PRAZA
  • Formulario de Solicitude de praza na Escola Infantil Municipal. (É obrigatorio anexar este formulario cumprimentado e asinado).
  • Fotocopia do documento de identidade do pai, nai, titor, titora, ou representante legal.
  • Fotocopia do libro de familia e/ou cartilla de familia numerosa.
  • Certificado de convivencia expedido polo Concello.
  • No caso de acollemento do/a menor, documento que o xustifique.
  • Xustificante de ingresos das persoas que non formando parte da unidade familiar están ao cargo desta (ingresos inferiores ao indicador público de renda de efectos múltiples - IPREM vixente).
  • Xustificante de ocupación de ambos proxenitores (última nómina, certificado de empresa, xustificante do réxime de persoas autónomas ou vida laboral)
  • Xustificante de desemprego de ambos proxenitores (certificado de desemprego)
  • Certificado expedido polo organismo competente sobre o grao de discapacidade e/ou certificado médico de enfermidade ou deficiencia alegada polos membros da unidade familiar.
  • Ditame do equipo de orientación específico dependente da Inspección de Educación da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou do órgano correspondente na Admón. do Estado ou nas respectivas Comunidades Autónomas en que se motive a necesidade de integración.
  • Informe dos Servizos Sociais, nos supostos nos que sexa necesario por razón da especial situación sociofamiliar.
  • Documentación acreditativa de incidencias tales como: separación de feito de cónxuxe, abandono do fogar e xustificante de calquera outra circunstancia sociofamiliar alegada.
  • FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA
  • Formulario de Solicitude de matrícula na Escola Infantil Municipal
  • Copia da tarxeta sanitaria da/o menor.
  • Certificado médico da/o menor.
  • Fotocopia da cartilla de vacinas do/a neno/a debidamente actualizada.
  • Catro fotografías tamaño carné.
  • Autorización por escrito das persoas que poden recoller ao/á menor.
  • Xustificante de ingreso da cota de matrícula.
  • Autorizacións: para o tratamento informático dos datos persoais sensibles, para a toma de material fotográfico, para a toma da medicación, para a realización de saídas extraescolares, para a administración de alimentación aportada pola familia.

No caso de que a solicitude non reúna os requisitos esixidos, o Concello requirirá ao interesado para que nun prazo de 10 días emende a falta ou xunte os documentos necesarios, con indicación de que, se así non se fixese, se terá por desestimada a súa petición arquivándose sen máis trámite.

Nome: Solicitude de praza na escola infantil municipal.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.

Taxa vixenteConsultar actualización do artigo 5 da Ordenanza fiscal n.º T-15, reguladora da taxa pola prestación dos servizos da escola infantil municipal.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                 Presencial.